Ola aquí seguimos por Birmingham (Alabama) metidos na rutina diaria pero de vez en cando facendo un esforzo por poñer algo no blog…
Empezarei polo clima do noso fogar adoptado, porque todo o mundo preguntame se paso moita calor no verán, se hai mosquitos do tamaño de paxaros ou se hai moitos campos de algodón…..A resposta a todo esto é moi doada e curta, pois non….
Estamos no centro-norde de Alabama, que é unha zona de colinas e montes, con moitos arbores, e con un certo parecido paixasístico con certas zonas de Galicia. Birmingham é moi verde e cheo de arbores por todas partes (tanto que cando chegas en avión por primeira vez quedaste pensando que a cidade non existe en absoluto…). Ten duas zonas de edificios altos (pequeniñas), unha que se corresponde coa zona de negocio (aquí hai moito banqueiro rico, e empresarios do acero…etc), e outra zona de edificios de alturas variadas que é a Universidade de Alabama at Birmingham, que algunha xente di que se lle podería chamar “a universidade que comeu a cidade”….e a verdade é que o campus universitario ocupa unha gran parte do centro. Pero a maioria da xente non vive no centro ou “dowtown”, a maioria vivimos fora da zona de edificios altos, dende as faldas dos montes que rodean o centro da cidade ata condados veciños que non estan moi lonxe.
De volta à historia do clima desta zona…..pois a verdade é que temos 4 estacións, con un inverno moi suave, unha primavera que dura moito e que é absolutamente fantástica ( empeza a mediados de febreiro aproximadamente e estamos con clima primaveral ata xuño), logo cara o verán as temperaturas van aumentando ata chegar o seu pico no mes de agosto (onde si temos dias de 40 grados), e logo temos un final de verano moito mais doado de levar, e finalmente o outono e absolutamente espectacular, e moi longo…(dende final de setembro ata decembro as temperaturas permiten moitas veces estar en manga corta ou simplemente levar unha chaqueta lixeira…). En definitiva non estamos nunha zona de clima extremo…
Para que os fagades unha idea de cómo é o outono aquí….ahi vai unha pequena representacion do que atopariades no outono…imaxes tomadas polo Melendez no noso parque natural favorito…