Hoxe toca post en Galego (non normativo ou correcto é simplemente o galego que lembro e vai mezclado con todo tipo de incorreccions …pero se non uso o que lembro, dentro de pouco non lembrarei nada de nada)…
Boxing day…bueno poderiamos dicir que é o dia no que moita xente nesta terra pegase por sacar os mellores saldos, …é o dia despois de navidade asi que todo o mundo anda a mercar de saldo…Non sei coma será este ano pero seguro que inda coa crisis están todas as tendas a tope de xente….Eu non son moito de tendas asi que non contedes comigo para ir de compras…e moito menos nos dias de rebaixas ou saldos….
Fai xa mais de un par de anos descubrín que casi que podo atopar todo o que necesito de vestimenta e outras cousas por internet, e os meus paseos a comprar ese tipo de productos as tendas son moi limitados e normalmente infructuosos….Con internet tamén a cousa ten o seu truco ata que das con cal e realmente a tua talla etc…pero polo demais é un sistema moi eficiente de non lidiar coa dependienta de 16 anos que cree que vai ser modelo e realmente non quere atenderte porque tes pinta de non ir gastar moitos cartos….
Bueno e cambiando de historia….
Onte despois de unha excelente cea (coma sempre) preparada por “Chef Miguel” non seguin escribindo mais na miña primeira incursion blog-eira, asi que hoxe toca en galego,…Para aqueles interesados en “Chef Miguel”…sento dicir que este restaurante e moi pequeno e non abre para todos os clientes…somentes abre cando lle peta e para quen el considere que merece o seu esforzo…(bueno esta ven non e un restaurante, e o meu compañeiro que ten bastante mais maña ca min na cociña…)….
Bueno un saudo a todos (especialmente a Marcial que xa descubriu que a sua “tia” ten un blog….)…seguiremos noutro momento con mais temp que agora toca ir a traballar un ratiño…
Happy boxing day!